Humor e Sátira: As Carocas de USO

Con motivo da proximidade do Corpus, desde a Sección Sindical de USO queremos compartir convosco unhas viñetas en formato de carocas, utilizando o humor e a sátira como forma de poñer de manifesto situacións e problemas que afectan ao persoal no noso día a día.

Aínda que o ton destas viñetas sexa desenfadado, o fondo das cuestións que reflicten é moi serio. Detrás de cada imaxe hai unha realidade que preocupa a moitos traballadores.

Entendemos que o humor tamén pode ser unha ferramenta útil para visibilizar problemas, xerar reflexión e abrir debate.

Esperamos que as recibades co mesmo espírito co que as enviamos: cercano, reivindicativo e construtivo.